jueves, 14 de julio de 2016

MARCO CONCEPTUAL DA ORIENTACIÓN LABORAL por Ana Belén Masa Soto

O marco 1 do Curso Ponte para a obtención do Posgrao de Especialización en Orientación Laboral, leva como título Marco conceptual e consta de 3 temas:

  1. Actualización do mercado laboral
  2. A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral
  3. Actualización do marco de referencia da orientación laboral

1. Actualización do mercado laboral:

Fixemos un percorrido polo momento actual do mercado laboral español, tendo en conta e manexando conceptos como a EPA (enquisa de Poboación Activa),diferencias entre Parados, ocupados, parados e intactivos. As taxas de actividade, de paro e de emprego segundo a EPA. Conceptos como o Desemprego, Paro Estructural, Friccional, Cíclico e Estacional.  Repasasmos os instrumentos e ferramentas para o estudo do mercado de traballo, …

Falamos do Servicio Público de Empleo e do Servicio Público de Emprego Galego, para enmarcar a busca de emprego en Galicia a través dos servicios públicos.



2. A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral:

Co análise do mercado laboral chegamos a falar da necesidade de emprender, como unha das opcións reais de emprego nestes intres e de avanzar dentro da crise económica na que nos vemos inmersos. 

A maioría das inciativas empresariais do noso modelo produtivo, son maioritariamente PEMES e tamén cobran maior relevancia as empresas de inciativa social onde ten máis importancia as pesoas e o fin social que o capital, esto fai que exista emprego de maior calidade e maior igualdade de oportunidade.


Falando de Economía Social faise referencia á necesidade de levar este coñecemento ás escolas e universidades para poder acadar un cambio no noso modelo productivo.




Unha vez chegados á conclusión de que é necesario emprender e orientar cara a esa nova forma de emprego, pasamos a coñecer unha ferramenta útil no momento de querer emprender, e analizamos o modelo CANVAS, é unha plantilla de xestión estratéxica para o desenrolo de novos modelos de negocio o documentar os xa existentes.

Este modelo de negocio foi proposto inicialmente por Alexander Osterwalder. O pusemos en práctica a través dunha actividade grupal, na que o grupo ao que eu pertenezco dentro do curso (Brujulaboral) pusimos en marcha unha iniciativa de Ocio Familiar Saudable a través de hortos urbans.

Huerto, Urbano, Laboral Ciudad De La Cultura, Gijón

3.  Actualización do marco de referencia da orientación laboral

Rematamos o Marco Conceptual facendo unha análise sobre a Orientación Laboral e a súa necesidade de intervenir, agora máis que nunca, pola crise na que estamos inmersos, en procesos de motivación a persoas en desemprego de larga duración, mulleres, persoas con amplia vida laboral en desemprego recente, xoves, persoas en risco de exclusión, etc…

Ademáis desta motivación outra característica importante que debería ser básica en orientación é a prospección laboral, moi necesaria para humanizar os procesos de selección, de ter a capacidade de intermediar entre empresas e demandantes de emprego, e ser capaces de trasladar a realidade social das persoas ás empresas e da realidad empresarial das empresas ás persoas que están en busca activa de emprego.

Poñendo experiencias personais do traballo como orientadores enrriba da mesa, conseguimos ter unha visión máis global da acción orientadora con diferentes colectivos e poñense en envidencia que queda moito por facer e que, o noso papel como orientadores, é fundamental para cubrir as necesidades de un amplio número de persoas en busca activa de emprego e de empresas en busca de satisfacer as súas necesidades de cubrir postos de traballos.
Este percorrido polo marco conceptual foi visible nas redes sociais, a través de Twitter e a etiqueta #CPOLAB16, cos novos coñecementos adquiridos na sesión presencial do “Ecosistema TIC” o primeiro día de clase.


Oficina, Freelancer, Equipo, Negocio

Se queres saber máis sobre estes temas podes visitar estes enlaces:

Servicio Público de Emprego de Galicia
Servicio Estatal Público de Empleo
Economía Social
Modelo CANVAS
Encuesta Población Activa 2016
Orientación Laboral según SPEG


REFLEXIÓN PERSOAL

Neste proceso de cambio social e productivo onde atopámonos inmersos, é preciso un cambio de pensamento e razonamentos persoais e individiduais. Chegar a este cambio non é doado nin rápido, ten que ser o producto dunha grande reflexión a moitos niveis, non todos ao noso alcance (político, social, educativo, persoal, ...)

É preciso un cambio na educación obrigatoria, onde se presenten aos futuros traballadores, os novos compoñentes e relacións sociais que van influir nas relacións laborais.
A destacar moito a figura do orientador escolar que, penso, debería ir moi á par do orientador laboral, con que, unha vez rematados os estudios, pode ter relación o alumnado.

O orientador laboral, debería ser considerada, unha peza clave na busca de emprego, no análise de capacidades, habilidades, competencias.... peza que acompañe á persoa que o precise na súa procura de emprego dando apoio ou acompañando soamente naqueles ámbitos na que a persoa, de maneira individual, o precise. Este apoio debería ir ligado tamén á empresa, tendo a necesidade de facer prospección para ter a posibilidade de facer intermediación.

O orientador, como profesional inmerso neste modelo tan cambiante, debe estar en permanente desarrollo e formación, ten que permanecer alerta a todolos cambios que van xurdindo en materia laboral, novos nichos de emprego, novas formas de traballar, novos modelos de acceso ao traballo. Ten que ter coñecemento da nova era tecnolóxica, das novas ferramentas a utilizar na procura de emprego, das capacidades e habilidades precisas para poder usar estas ferramentas. Con o obxectivo de poder trasladar os seus coñecementos ás persoas que precisan orientación. Dotar ás persoas que están en busca activa de emprego, deste coñecemento e do manexo das TIC. Ferramentas enfocadas á busca de emprego pero que, cada vez máis, sirven para moitos aspectos da nosa vida diaria. O orientador pode ser peza clave no camiño de moitas persoas, e grande intermediador entre as empresas que buscan traballadores e os traballadores que buscan empresas.

Chegados a este punto o meu prantexamento e reflexión é: O Orientador Laboral debe ser unha profesión "profesionalizada"? ou mellor seguir sendo un traballador experto ou especializado en orientación? 

Tí qué opinas? 
 
 @AnaBelenMasa

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada